ahorro

Fragmento de "Todo canto fomos" de Xosé Monteagudo

Fuente: Palabras y Mundos.
2 del 3 de 2018

"- Xa saberá vostede que agora non teño tampouco familia libre que poida arranxar no meu lugar asuntos desa clase.
  - Seino. Pero non se preocupe. Se hai vontade pola súa parte os dedios aparecerán. Pénseo. Dentro duns días volverei chamalo para que me dea a súa resposta.

Ao día seguinte Amaro deulle conta a Miguel Aboi de toda a conversa co director do cárcere. Tras escoitalo, Aboi quedou cavilosos. Logo pronunciou nun murmurio unhas palabras que a Amaro lle custou entender:

  - Así que é verdade.
  - Que é o que é verdade?- preguntou Amaro.
  - Un rumor que oín. O caso é que ata o de agora non lle dei creto. Pero despois disto...
  - Despois disto, que?

Ao parecer, contoulle Miguel, quince días antes un preso da illa chamado Avelino, un comerciante vigués que tamén Amaro coñecía das súas camiñadas por aqul lugar, gora trasladado a terra. O que se cotifara na primeira era que o director lle ofrecera a liberdade a cambio de diñeiro, e que en cumprimento do trato trasladárano a Vigo unha noite e deixárano na casa, libre de calquera acusación. Tal fora a noticia que propagaran en círculos reducidos algúns dos presos durante os días posteriores á desaparición de Avelino. Pero a última nova que chegara sobre el dicía que había uns días fora buscalo á casa unha cuadrilla de gardas cívicos e que o mataran pouco despois.

- E ti que pensas?
- Que as dúas cousas poden ser verdade, visto o que vostede me acaba de contar- dixo Miguel Aboi.
- Por que?
. É posible que primeiro lle sacasen os cartos coa promesa da liberdade e que despois o asasinasen para evitar testemuñas indesexables da manobra.
- De verdade o cres?
- Ten sentido. O que carece de lóxica é que a vostede lle ofrezan poñelo en liberdade por diñeiro. Ese só pode ser un trato que o director está facendo de costas ás altas instancias.
- Por que?
- Noutro caso non sería el quen llo ofrecese. E se o fai en segredo, o que menos lle vai interesar é que vostede quede libre para poder dar conta do asunto  aos seus superiores.
- Eu non teño ningún interese en revelárllelo aos seus superiores, pola conta que me trae.
- Agora, non. Pero se o deteñen de novo máis tarde polo mesmo asunto e pretenden condenalo, que ocorrerá? Vostede seguirá calando nese caso? E se ten  vostede algún amigo ou coñecido entre as xerarquías dos sublevados a que llo poida contar máis tarde ou máis cedo? non, a Contado, o director, non lle convén nada que haxa testemuñas deses negocios.

Amaro necesitou varios minutos para encontrar unha fenda na lóxica do razoamento. A pesar do tempo que levaba convivindo cos presos, oíndo os detalles das súas historias, seguía custándolle traballo anticiparse ás consecuencias da dinámica carceraria. Naquel caso, a obxección ao que Miguel acababa de lle contar achegoulla tamén a súa mentalidade previa de home libre e sen contacto co pensamento dos reclusos

- Pero se se sabe que a un o liberan dese xeito para matalo despois, ninguén vai acceder a pagar o prezo -dixo.
- A posibilidade da liberación aquí é moi gorentosa -contestoulle Aboi-, Diante dela, calquera perde a noción das trampas que pode conter a oferta. E o feito de que posteriormente vaian buscalo e o maten, en apariencia non ten conexión coa liberación anterior. Tal como están as cousas fóra, sempre se pode escusar que un feito está desvinculado do outro. Unha cuestión de mala sorte que o que recibe unha oferta dese tipo non está disposto a admitir que poida afectarlle."



Loading...